15/08/2014

MYLEY CYRUS


Creciches na luz cegadora dos focos.

 Pechada a nena nunha gaiola.

Cando te ollaches no espello

 so atopaches un corpo furado

polas poutas dos managers.

Os ollos mortos .

A boca vermella .

O sangue correndo polas coxas.

Arrebatada a tua virxinidade.

 Esnaquizada a tua inocencia

aos sete anos polos dólares

Aquel espello berrábate:

Rubia, azul, vermella

A nena montada fuxira

E ti a buscabas no alcohol e nas pastillas .

 Tentado construír un novo corpo de boneca rota.

 Cos anacos perdidos

Sem comentários:

Enviar um comentário