Fuches bendicida
pola man da deusa Mictecacihualt

Polo seu destino
de morte, sangue e dor
No berce a
enfermidade gris bautizoute
E fixeches o
ritual de transición
Cando te
atravesaron os ferros
Pero ti
sobreviviches a pesares das frechas
Daquel cazador
Que abateu o teu
lombo
E sentiches o
amor corrupto nas túa carne
Furándoche as
entrañas
El
Ti
A deusa
Abrasáronte por
dentro
E a deusa tivo o
seu sacrificio
Sem comentários:
Enviar um comentário