15/12/2013
31/10/2013
GOLPE DE MAR
ADICADO OS MARIÑEIROS DE BUEU( 2012)
Dixeran que fora un golpe de mar.
Pero ela sabía
Que había monstros no fondo
Do Grande Oceáno
Que asexaban pola carne mariñeira.
Eran un manxar exquisito
Tanta era a vida ateigaba
que envexaban.
Aproveitaban a sorpresa
para levalos o fondo
e comer o seu corazón latexando.
30/10/2013
BRUXA
Decidiu
visitar á bruxa.
Vivía nunha casiña á beira do lago Gris, totalmente
afastada da Gran cidade.
A pequena
casa construírase sobre a terra mollada, e apenas chamaba a atención,
pois confundíase co auga do lago. A sucidade
impregnaba o lugar. A brétema alí era
máis intensa. O home estremeceuse.
Dirixiuse á porta da casa, decidido. Esta
estaba entreaberta.
A bruxa, segundo lle dixeran, chamábase Soidade.
-Ola ,
quen hai?-berrou dende a porta desfeita de madeira.
Antes de que puidera repetir a frase, alguén
lle tocou o ombreiro por detrás. Deu un chimpo.
-Sei por que vés- rumoreou a figura dende a
súa pequena boca gris- Non podo
axudarche.
Desconcertado pola resposta, o home marchou.
Volveu ao día seguinte. E ao seguinte. E ao seguinte.
Transcorreron nove días. A bruxa dáballe
sempre a mesma resposta.
-Non podo axudarche -repetía.
O nonaxésimo noveno día, axeonllouse ante ela e rogou, rumoreou e berrou.
-Arrínqueme
esta soidade, esta melancolía, esta
tristeza. Arrínquema, llo suplico Levea para sempre.. Arrínqueme o corazón
de raíz , llo rogo.
A bruxa non contestou.
O home ollou a muller: viu nos seus ollos grises, a soidade, a melancolía, a súa tristeza.
Ela , por fin, no nonaxésimo noveno día a
bruxa arrancoulle o corazón.
05/10/2013
SEREAS (II)
Estos días retomei a escrita,o poema..as sereas. Ahi van as miñas sereas amadas.
A PRIMEIRA SEREA DE TERRA
A primeira serea de terra
amenceu
no medio do Grande Océano.
A súa beleza azul pendurada
nun gran pau.
As sereas cuspiron
a súa carraxe
no corpo degolado.
Berrando ,
-Asi apodrezas, maldita,
no mar para sempre,
polo teu devezo
de vida
polo teu devezo
de sangue.
Subscrever:
Mensagens (Atom)