30/10/2013

BRUXA

Decidiu  visitar á bruxa.
Vivía nunha casiña á beira do lago Gris, totalmente afastada da  Gran cidade.
A pequena  casa construírase sobre a terra mollada, e apenas chamaba a atención, pois confundíase co auga do lago.  A sucidade impregnaba o lugar. A brétema  alí era máis intensa. O home estremeceuse.
Dirixiuse á porta da casa, decidido. Esta estaba entreaberta.
A bruxa, segundo  lle dixeran, chamábase Soidade.
-Ola  , quen hai?-berrou dende a porta desfeita de madeira.
Antes de que puidera repetir a frase, alguén lle tocou o ombreiro por detrás. Deu un chimpo.
-Sei por que vés- rumoreou a figura dende a súa pequena boca gris-  Non podo axudarche.
Desconcertado pola resposta, o home  marchou.
Volveu ao día seguinte.  E ao seguinte. E ao seguinte. Transcorreron  nove días. A bruxa dáballe sempre a mesma resposta.
-Non podo axudarche -repetía.
O nonaxésimo noveno día,  axeonllouse  ante ela e rogou, rumoreou e berrou.
-Arrínqueme  esta soidade, esta melancolía,  esta tristeza. Arrínquema, llo suplico  Levea para sempre.. Arrínqueme o corazón  de raíz , llo rogo.
A bruxa  non contestou.
O home ollou a muller: viu nos seus  ollos grises,  a soidade, a melancolía, a súa tristeza. 

Ela , por fin, no nonaxésimo noveno día a bruxa   arrancoulle  o corazón.

Sem comentários:

Enviar um comentário