31/08/2014

FORMIGAS VERMELLAS



Na miña primeira viaxe.
Afasteime da miña aldea
a través dos vagóns  dun tren
con destino Santiago Barcelona.
Co meu  pai, dous días e unha noite
atravesando campos vermellos.
Marróns.
Totalmente secos
Para visitar a miña curmá.
A miña xemelga.
Irmás de sangre.
Así o asinaramos
ante notarios invisibles
Durante a noite ultima de Agosto.
A separación  sempre traumática
ó rematar o verán
(reprimir as bágoas)
Adeus miña querida irmá.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
***
Naquel  viaxe a Barcelona.
Mudei o orballo polo sol,
silveiras e toxos
por tellados e luces eternas,
Por uns días, tan só.
Para visitarte miña curmá
Miña irmá de sangue
Xuntas. Xuntas. Xuntas.
Rimos cas cartas escritas
e contamos o que ocorrera
durante os meses perdidos.
Eu  envexaba aquela vida
de novidades a cada hora
as clases de baile,
As de inglés e piano,
o teatro e o cine,
as festas de aniversario.
Aquela cidade de milleiros de portas.
Como souben despois,
Ti envexabas a miña vida:
o verde,
a chuvia,
as vacas,
as estrelas ,
as formigas negras,
incluso as vermellas.
Eu aínda tardei en amar
as formigas vermellas.
 

Sem comentários:

Enviar um comentário