24/12/2014

INTEMPERIE


INTEMPERIE

O cativo dende o seu agocho oía a súa respiración cada vez mais rápida. As voces chegábanlle a través da noite. Sobre todo a del.  

Os cans ouveaban na súa busca. El encherase de auga e barro para quitar o seu cheiro a suor e  a orín.

Pechou os ollos . Respirou lentamente para que nin sequera os vermes do seu agocho o puideran oír. Non podían permitir que o colleran. Non podía volver a aquela casa, onde a súa vida non lle pertencía, onde a súa vida pertencía o señor. O señor que fixera unha batalla . Unha gran batalla no seu corpo.

*Basado na novela Intemperie de Jesús Carrasco

Sem comentários:

Enviar um comentário