12/10/2014

O REINO DO SOL


Agora estou traballando nun conto: Ariadna, a princeisa guerreira. Un fragmento:


Dous dias despois de que  Ariadna viñera o mundo , continuou a ancián, o Rei e a Raíña camiñaron ata  o lago de Augasverdes para encargar a alma de princesa, mais esa mañá amencera chuviosa e ameazaba treboada.

-Tanto ten- díxolle  o Rei á rRiña ante a súa cara de preocupación-  a rapaza sairá forte e san , non como outras princesas que son febles como paxaros.

A raíña asentiu e os dous mollaron o corpo branco  da nena naquelas augas verdes.  A princesa Ariadna, que durmía placidamente, espertou é a raíña pareceulle que os seus ollos negros convertíanse durante un intre en tizóns vermellos como o lume.

Ariadna  creceu   forte e san tal como dixera o rei, pero a medida que crecía, o Rei e a Raíña e  comprobaron que a súa natureza impulsiva predominaba. Os nove meses xa gabeaba polos corredores do palacio cunha rapidez que sorprendia as suas doncelas e ó ano xa camiñaba con pasos firmes toleando a xente do palacio, pois escapabase das súas mans e agobachase nos sitios mais  inverosímiles. Era curiosa e inqueda, tal como pronosticara o Rei

Sem comentários:

Enviar um comentário