27/09/2014

MARJANE

 

 Atopou os seus ollos negros reflectíndose no escaparate. Este devolveulle un  nariz afiado e uns beizos finos. Non recoñeceu a súa cabeleira negra nel. Negra  como o petróleo. Aquel petróleo polo que sangraba o seu país.

Había tres anos que o seu cabelo  non respiraba o  aire puro.  Apañou unha das guedellas na man, estaba suave a pesares de anos engaiolado na hiyab. Uliuno , aínda tiña o recendo  daquela prisión de tea gris.

Sorriu para os seus adentros e ollou, de novo,  o seu reflexo no escaparate. Atoparía outro reflexo distinto, lonxe da prisión de tea e de petróleo.

Sem comentários:

Enviar um comentário