10/07/2012

SEREAS


E vos preguntaredes..¿ porque hai unha serea na portada? E a miña ultima obsesión. O meu ultimo proxecto: en proxecto claro. Un poemario onde a protagonista sea unha nova serea. Unha serea despoxada da sua voz maldita. Cunha nova voz. Sen un corpo maldito. Cun corpo de carne e sangue que produce vida. Este e un exemplo:

NOVA SEREA
Ó final dos tempos,
Conseguíranno
Acadaran a nova vida
De pés na terra.
Ceibáronse das cadeas de auga e sal
( canto tempo asolagadas)
Cosificáraas o rei do Gran Oceáno
( ¿durante canto tempo?)
Agora recobrarían a voz azul esnaquizada.
E o seu corpo magnetizado
Xa non seria maldito.
Cando pisaron a terra de chuvia
As novas sereas escorreron
A sua derradeira
Auga de mar.

Sem comentários:

Enviar um comentário