20/09/2012

RAPARIGAS...¿ Que muller non quixo ser Jo?

Un personaxe literario que todalas( ou case todas) mulleres admiramos e Jo, Josephine March, a rapaza impulsiva da autora Louisse May Alcott. Simbolo de moitas mulleres que loitaron pola sua independencia non so profesional senon personal. Simbolo da rapaza que racha co seu rol de xenero( Jo non quere casar nin ser unha simple ama de casa...).  A pesar de que no libro orixinal, non as versions xuvenis, si acepta ese rol que lle corresponde no desenlace, menos mal que nas versions cinematograficas prima esa rebeldia e ese compromiso ca muller)




Amamoste, Jo!!!



06/09/2012

O LADRON DE LIBROS

Lendo o libro" La ladrona de libros"( o recomendo) ocorreseume este relato posteriormente. Teño ganas de poñer poesia neste blog, pero sintome mais insegura con ela, como se tivese pouca calidade...Ou as que vexo con algo de "calidade", vexoas tan afastadas a min, de epocas que xa non me pertencen...asi que non sei se publicalas aqui...

O LADRON DE LIBROS
  Ó prinncipio roubaba libros que non podía mercar: Tom Clancy, Dan Brown, Michael Chricton...Espías e conspiracións iban parar o peto da sua roupa. Despois de lelos, sentíase baleiro.
De supeto, viu no expositor central da librería unha edición de luxo do “Diario de Frida Kahlo”. Sentiu o seu corazon palpitar cando viu a sua portada:
-“¿ Vaste non”?-dicía Frida- “Estou soa.”
Frida era un anxo negro. Abriu as súas paxinas e ollou a sua letra a man. Figuras de mulleres negras. De mans amarelas. De soles vermellos. Uliu o cabelo negro de Frida. O seu suor. O seu corpo retorto polo sufrimento. E meteu o libro no peto do pantalón. Cando chegou a casa, abrazouna. Bailou con ela. Acariñou as letras e debuxos cas xemas dos dedos. Chorou nas súas paxinas. En fin, amouna.Seguiu roubando libros. Amou o cabalo desbocado de Silvia Plath. Amou a Jo, a Beht, a Amy e a Margaret, as suas raparigas queridas. Amou a bondade de Jane Eyre. Amou a paixon de Catherine nas cumes bretemosas.
Durmía cas suas amantes. Cada noite acariñaba as suas sufridas letras. Bailaba con elas a luz das candeas. Bicaba os seus marxes nus. Bicaba os seus lombos cativos.
Un día o home apareceu morto na librería. No seu peto levaba un facsimil de Lilith, a primeira muller de Adán. Ela mataráo.

PD: PUBLICADO NO ATENEO FERROLAN..:-)