20/10/2014

A XOVE DA PERLA

Os teus ollos tristes de escrava  fítanme,  deixando unha pregunta  no aire: ¿ que queres de min?  A tu boca semella  pedir clemencia,  ou quizais tan so reflexa  unha esperanza esquecida.  Nas túas meixelas florecen as rosas recen colleitas do xardín do edén. Elas enmarcan o ovalo perfecto do teu rostro branco  de neve.Un pano  agocha o teu cabelo, rebelde, unha crecha dourada sae da túa tempa. Os pendentes de prata, brillan nas   orellas pequenas.

Eu non  respondín a túa pregunta Tan so admirei a túa beleza, escrava azul. Unha  beleza antiga como a dunha deusa grega.


12/10/2014

O REINO DO SOL


Agora estou traballando nun conto: Ariadna, a princeisa guerreira. Un fragmento:


Dous dias despois de que  Ariadna viñera o mundo , continuou a ancián, o Rei e a Raíña camiñaron ata  o lago de Augasverdes para encargar a alma de princesa, mais esa mañá amencera chuviosa e ameazaba treboada.

-Tanto ten- díxolle  o Rei á rRiña ante a súa cara de preocupación-  a rapaza sairá forte e san , non como outras princesas que son febles como paxaros.

A raíña asentiu e os dous mollaron o corpo branco  da nena naquelas augas verdes.  A princesa Ariadna, que durmía placidamente, espertou é a raíña pareceulle que os seus ollos negros convertíanse durante un intre en tizóns vermellos como o lume.

Ariadna  creceu   forte e san tal como dixera o rei, pero a medida que crecía, o Rei e a Raíña e  comprobaron que a súa natureza impulsiva predominaba. Os nove meses xa gabeaba polos corredores do palacio cunha rapidez que sorprendia as suas doncelas e ó ano xa camiñaba con pasos firmes toleando a xente do palacio, pois escapabase das súas mans e agobachase nos sitios mais  inverosímiles. Era curiosa e inqueda, tal como pronosticara o Rei

05/10/2014

CLEOPATRA

A Historia lembrase da túa beleza
Aquela que che fora negada.
Mais era o imperio sobre os teus ombreiros
o que ansiaban os grandes homes.
O imperio construído sobre o Nilo.
Co teu esplendor en cada gramo da túa pel
Reinaches ca cabeza sobre os ombreiros
Conspirando en cada curro do palacio
Por aquilo que te pertencía
Roma reclamábate
Mas ti te negaches a subsmision
Xamais axeonllada
Ata que apareceu El
el cos ollos negros e
 o corpo metálico
ca espada nos brazos musculados
e co seu torso nú.
fixo caer a coroa da túas tempas
Cunha soa  ollada
Fuches súa
Derrubando o imperio ante todos os homes

01/10/2014

CLAUDIO RODRIGUEZ FER: TIGRES DE TERNURA

Pequeña xoia que merquei


QUINTANA

A pedra

       que te alberga

virase

      en oráculo

e a mica

        o cuarzo

               o fedelpasto

liberan o granito
     
                     incontible orgasmo

mineral como o estoupido do átomo


27/09/2014

MARJANE

 

 Atopou os seus ollos negros reflectíndose no escaparate. Este devolveulle un  nariz afiado e uns beizos finos. Non recoñeceu a súa cabeleira negra nel. Negra  como o petróleo. Aquel petróleo polo que sangraba o seu país.

Había tres anos que o seu cabelo  non respiraba o  aire puro.  Apañou unha das guedellas na man, estaba suave a pesares de anos engaiolado na hiyab. Uliuno , aínda tiña o recendo  daquela prisión de tea gris.

Sorriu para os seus adentros e ollou, de novo,  o seu reflexo no escaparate. Atoparía outro reflexo distinto, lonxe da prisión de tea e de petróleo.

21/09/2014

DENTRO de Berta Davila

Este poemario resultou gañador no XII edición do Avelina Valladares do 2008, actualmente Berta Davila ten publicado Raiz de Fenda( poesía) e O derradeiro libro de Emma Olsen( narrativa), libros moi recomendables, gañadores respectivamente de Johan Carballeira de Poesía do ano 2013 e  Premio Narrativa  Breve de Repsol 2013

Ten moitisimo futuro esta autora

 

Un poema de Dentro:


Coñecinte coas pálpebras molladas
e a mirada perdida alén da fiestra.
E será porque amaba a auga do teu corppo
que bebín insaciable nas túas bágoas
ata que algunhas me fixeron mal.

Descubriches que morro cada día
( xa dende o mesmo día en que nacín)
e, ao estares en min,
anulábaste nun loito inconfensable.

Pese a que nunca fun demasiado purista
( a luz artificial tamén é luz)
amo o tacto,
e creo que as cartas non suplen ás caricias.

Sempre me corto cos folios
que conteñen as túas palabras,
e  a ferida do dedo axúdame a sandar
outra ferida mais fonda,
esa que levo debaixo das pálpebras
molladas de presenciais ausentes

20/09/2014

JOSE ANGEL VALENTE

Jose Angel Valente, e un dos meus poetas preferidos. Este o poemario que mais me gusta: " No amanece el cantor". Para min, prosa poetica de gran intensidade, que reflexiona sobre a morte, a vida e a soidade. Mellor vos deixos os versos:

LENTAMENTE. Del otro lado. Yo apenas podía ahora oír tu voz.

EN MIS OJOS se agolpa repentina la luz. Como si tú, de pronto, volvieras a la vida.

SABÍAS que sólo al fin sabía yo tu nombre. No el que te perteneciera, sino el otro nombre, el más secreto, aquél al que aún pertenecías tú.
 
EN EL ESPEJO se borró tu imagen. No te veía cuando me miraba.

YO CREÍA QUE SABÍA un nombre tuyo para hacerte venir. No sé o no lo encuentro. Soy yo quien está muerto y ha olvidado, me digo, tu secreto.

ME PARECÍA AHORA como si quedase en suspenso el amor. Y no era eso. Tan sólo tú no volverías nunca.
NI LA PALABRA ni el silencio. Nada pudo servirme para que tú vinieras.

CUERPO DE un desconocido. Levantamiento de tu cuerpo en el atardecer anónimo. Ya no quedaba en ti señal alguna que te hiciera nuestro.

Y TU ¿de qué lado de mi alma estabas, alma, que no me socorrías?