Mostrar mensagens com a etiqueta microrrelato. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta microrrelato. Mostrar todas as mensagens

27/09/2014

MARJANE

 

 Atopou os seus ollos negros reflectíndose no escaparate. Este devolveulle un  nariz afiado e uns beizos finos. Non recoñeceu a súa cabeleira negra nel. Negra  como o petróleo. Aquel petróleo polo que sangraba o seu país.

Había tres anos que o seu cabelo  non respiraba o  aire puro.  Apañou unha das guedellas na man, estaba suave a pesares de anos engaiolado na hiyab. Uliuno , aínda tiña o recendo  daquela prisión de tea gris.

Sorriu para os seus adentros e ollou, de novo,  o seu reflexo no escaparate. Atoparía outro reflexo distinto, lonxe da prisión de tea e de petróleo.

09/09/2014

ASASINATO PERFECTO


As xemas dos dedos esvaecidas en lixivia abren a porta. O traxe de plástico con pucho ó redor do corpo atravesa o corredor. Os zapatos cunha talla menor deixan un regueiro de pegadas silandeiras. O canon da pistola automática perfectamente aliñado ca tempa. Colocou os ollos castaños no cabeceiro da cama. A  nota de suicidio na colcha.   Quixo limpar un fío de sangue na boca de carmín, malia o odio latente non llo permitiu.

-Si, así era o asasinato perfecto-pensou

31/05/2014

LIBERDADE: MICRORRELATO


O home díxolle un nome a cambio da cela trinta e catro.  Sabía que aqueles homes aínda tardarían un mes en descubrir que o nome era falso. Durante trinta días, quizais seguirían as malleiras, as torturas, as humillacións…
Tanto lle tiña- pensou- por fina naquela cela. Dende a fiestra, uliría os amenceres. Uliría os raios de sol. Os aterdeceres. As  estrelas. E quizais, despois de trinta días, sentiría a liberdade na súa alma tralas paredes de pedra.

30/10/2013

BRUXA

Decidiu  visitar á bruxa.
Vivía nunha casiña á beira do lago Gris, totalmente afastada da  Gran cidade.
A pequena  casa construírase sobre a terra mollada, e apenas chamaba a atención, pois confundíase co auga do lago.  A sucidade impregnaba o lugar. A brétema  alí era máis intensa. O home estremeceuse.
Dirixiuse á porta da casa, decidido. Esta estaba entreaberta.
A bruxa, segundo  lle dixeran, chamábase Soidade.
-Ola  , quen hai?-berrou dende a porta desfeita de madeira.
Antes de que puidera repetir a frase, alguén lle tocou o ombreiro por detrás. Deu un chimpo.
-Sei por que vés- rumoreou a figura dende a súa pequena boca gris-  Non podo axudarche.
Desconcertado pola resposta, o home  marchou.
Volveu ao día seguinte.  E ao seguinte. E ao seguinte. Transcorreron  nove días. A bruxa dáballe sempre a mesma resposta.
-Non podo axudarche -repetía.
O nonaxésimo noveno día,  axeonllouse  ante ela e rogou, rumoreou e berrou.
-Arrínqueme  esta soidade, esta melancolía,  esta tristeza. Arrínquema, llo suplico  Levea para sempre.. Arrínqueme o corazón  de raíz , llo rogo.
A bruxa  non contestou.
O home ollou a muller: viu nos seus  ollos grises,  a soidade, a melancolía, a súa tristeza. 

Ela , por fin, no nonaxésimo noveno día a bruxa   arrancoulle  o corazón.