31/10/2013

GOLPE DE MAR

ADICADO OS MARIÑEIROS DE BUEU( 2012)

 Dixeran que fora un golpe de mar.
Pero ela sabía
Que había monstros no fondo
Do Grande  Oceáno
Que asexaban pola carne mariñeira.
Eran un manxar exquisito
Tanta era a  vida ateigaba
que envexaban.
Aproveitaban a sorpresa
para levalos o fondo

e comer o seu corazón latexando.

30/10/2013

BRUXA

Decidiu  visitar á bruxa.
Vivía nunha casiña á beira do lago Gris, totalmente afastada da  Gran cidade.
A pequena  casa construírase sobre a terra mollada, e apenas chamaba a atención, pois confundíase co auga do lago.  A sucidade impregnaba o lugar. A brétema  alí era máis intensa. O home estremeceuse.
Dirixiuse á porta da casa, decidido. Esta estaba entreaberta.
A bruxa, segundo  lle dixeran, chamábase Soidade.
-Ola  , quen hai?-berrou dende a porta desfeita de madeira.
Antes de que puidera repetir a frase, alguén lle tocou o ombreiro por detrás. Deu un chimpo.
-Sei por que vés- rumoreou a figura dende a súa pequena boca gris-  Non podo axudarche.
Desconcertado pola resposta, o home  marchou.
Volveu ao día seguinte.  E ao seguinte. E ao seguinte. Transcorreron  nove días. A bruxa dáballe sempre a mesma resposta.
-Non podo axudarche -repetía.
O nonaxésimo noveno día,  axeonllouse  ante ela e rogou, rumoreou e berrou.
-Arrínqueme  esta soidade, esta melancolía,  esta tristeza. Arrínquema, llo suplico  Levea para sempre.. Arrínqueme o corazón  de raíz , llo rogo.
A bruxa  non contestou.
O home ollou a muller: viu nos seus  ollos grises,  a soidade, a melancolía, a súa tristeza. 

Ela , por fin, no nonaxésimo noveno día a bruxa   arrancoulle  o corazón.

05/10/2013

SEREAS (II)

Estos días retomei a escrita,o poema..as sereas. Ahi van as miñas sereas amadas. 


A PRIMEIRA SEREA DE TERRA
A primeira serea de terra
amenceu
no medio do Grande Océano.
A súa beleza azul pendurada
nun gran pau.
As sereas cuspiron
a súa carraxe
no corpo degolado.
Berrando ,
-Asi apodrezas,  maldita,
no mar para sempre,
polo teu devezo
 de vida
polo teu devezo 
de sangue.

18/11/2012

SENDO TI..

Ahi vai un poema...

 

Sendo ti home
E eu muller
Era inevitable
Atoparse nos corpos
Ti, terra.
Eu, agua.
Bebiches
Bebín
Ninguen saciou
 
E imposibe que un home farte
Que unha muller farte
 
Tendo Vida dentro

04/11/2012

SIMBIOSE


E curioso como funciona a creatividade a hora de escribir un relato. Este relato ocurriuseme despois de ler unha noticia onde duas siamesas operáranas cando cumpriran un ano, pois naceran vencelladas polo lombo e compartían organos vitais. A  miña cabeza, preguntou: ¿ Que pasaria se as separaran ó cumprRi dezaoito anos? ¿ E se unha delas non quixese? E aqui vai a historia...

A súa irmá choraba. Suplicaba. Berraba.
-Non o fagas, irmanciña. Somos unha. O sangue que corre pola nosas veas é a mesma- murmuraba mentres lle collía as mans. Sangue do meu sangue, repetía mentres adurmiñaba pola anestesia.
Pechou os ollos na mesa de operacións que compartían, sentindo as bágoas percorrer lentamente nas súas meixelas. Deixouse ir polo olor que desprendía a sala de operacións. Sumiuse na escuridade.
Lembrou cando lle dixera que quería separarse dela. A súa irmá Elba non o entendera.Non entendera que, despois de dezaoito anos vencelladas por un mesmo ril e unha mesma cadeira, ela quixera operarse. Separarse  dela. Ser unha indivisible. Non duas sendo unha. Ela quería a súa irma, pero quería ter o seu propio corpo. A sua propia mente. Ser unha, simplemente.
Cando espertou da operación, apalpouse. Sorriu. Tiña a sua propia cadeira. O seu propio lombo. Tiña dúas pernas . Tiña un corpo que era de  seu.
A súa nai estaba o carón  da sua irma, que inda non espertara.
A pesar da dor e do cansazo sorriulle a súa nai.  A súa nai achegouse a bicala e a preguntarlle como estaba. Quería contestarlle que feliz, pero sabía que non era o axeitado, para a sua irmá non era o dia mas feliz da sua vida, senon quiza todo contrario. Parecía que a súa nai escoitara o seus pensamentos, que lle murmurou o oido:
-Se lle pasara, cariño. Se lle pasara.
Pero non se lle pasou. Cando a súa irmá espertou, non dixo palabra .Non chorou. Non suplicou. Enmudeceu. Nika tivo que marchar da casa. Non podía estar así, cun muro entres elas.
Estivo un ano fora. Vivindo. Soa. A soas. Ca súa mente. En silencio. As veces pola noite, palpaba a súa cicatriz. Acariñaba á noite, botando de menos a Nika. Sentindose extraña. As veces baleira, quizais. Pero sabia que era o costume. O habito. Os dezaoito anos durmindo xuntas. Meixela con meixela. Cabelo con cabelo. Carne con carne. Tiña tantas cousas que contarlle a sua irmá...pero sabia que por agora non era o momento. Non estaba preparada.
Unha maña de setembro, cando transcurrira un ano da operación a súa nai chamouna. Sua irma non fixera os derradeiros controis médicos e xurdiran complicacións co seu ril. A sua nai pensaba que era a única que podía convencela.
Cando chegara o hospital, a súa irma estaba mais delgada, ollerosa. Moi pálida. Sorriu cando a viu:
Nika colleuna da man.
-Vin para ser sangue da teu sangue.
A súa irma sorriu afirmando. Pechou os ollos.
 E Nica quedou soa de nova. E daquela chorou pola sua parte perdida.

06/10/2012

JOSE AGUSTIN GOYTISOLO

Jose Agustín Goytisolo adicoulle a súa filla Xulia,  o que despois sería  o seu poema mais coñecido: Palabras para Julia, do que  fixeron versións musicais "Los Suaves" e Paco Ibáñez. Deixovos aqui o poema e a versión do grupo "Los Suaves". Admiro profundamente a este autor, non so por este poema, senon por outros que ten como “No sirves para nada", "Llega el litio” ou o poemario “ La noche nos es propicia”( amantes en estado puro) . Nestes primeiros poemas vese reflicitida a sua depresión grave, da que non logrou sair( suicidouse en 1999). Adicarialle miles de entrada a este poeta, porque e un dos meus preferidos.
PALABRAS PARA JULIA

(José Agustín Goytisolo)

Tú no puedes volver atrás


porque la vida ya te empuja

como un aullido interminable.

Hija mía es mejor vivir

con la alegría de los hombres

que llorar ante un muro ciego.

Te sentirás acorralada

te sentiras perdida y sola

tal vez querrás no haber nacido.

Yo sé muy bien que te dirán

que la vida no tiene objeto

que es un asunto desgraciado.

Entonces siempre acuérdate

de lo que un día yo escribí

pensando en tí como ahora pienso.

Un hombre sólo una mujer

así tomados de uno en uno

son como polvo no son nada.

Pero cuando yo te hablo a tí

cuando te escribo estas palabras

pienso también en otros hombres.

Tu destino está en los demás

tu futuro es tu propia vida

tu dignidad es la de todos.

Otros esperan que resistas

que les ayude tu alegría

tu canción entre sus canciones.

Entonces siempre acuérdate

de lo que un día yo escribí

pensando en tí como ahora pienso.

Nunca te entregues ni te apartes

junto al camino nunca digas

no puedo más y aquí me quedo.

La vida es bella ya verás

como a pesar de los pesares

tendrás amor tendrás amigos.

Por lo demás no hay elección

y este mundo tal como es

será todo tu patrimonio.

Perdóname no sé decirte

nada más pero tú comprende

que yo aún estoy en el camino.

Y siempre acuérdate

de lo que un día yo escribí

pensando en tí como ahora pienso.

 LOS SUAVES: Palabras para Julia


20/09/2012

RAPARIGAS...¿ Que muller non quixo ser Jo?

Un personaxe literario que todalas( ou case todas) mulleres admiramos e Jo, Josephine March, a rapaza impulsiva da autora Louisse May Alcott. Simbolo de moitas mulleres que loitaron pola sua independencia non so profesional senon personal. Simbolo da rapaza que racha co seu rol de xenero( Jo non quere casar nin ser unha simple ama de casa...).  A pesar de que no libro orixinal, non as versions xuvenis, si acepta ese rol que lle corresponde no desenlace, menos mal que nas versions cinematograficas prima esa rebeldia e ese compromiso ca muller)




Amamoste, Jo!!!