13/12/2014

O ABRAZO DA FRAGA

As miñas lembranzas do campo da Magdalena( Castrofeito -O Pino)

 

Agarimou contra o seu peito a urna.

-¿ Por que mama? ¿Por que este lugar?-preguntouse, mentres saía do coche e se achegaba a entrada da fraga.

Así llo fixera prometer. “Nena, quero que esparexes as miñas cinzas na Fraga. ¿Lembraste? Foras un verán ca avoa. Alí fun moi feliz. Déixame ó carón do carballo centenario”.

A Fraga. Había case trinta anos daquilo.

Camiñou cara á entrada da Fraga.  Sentiu nas súas meixelas o vento fresco e suave do outono.  Detívose a escoitar as ramas dos pinos, como se quixeran acompañar o vento na súa viaxe infinita. Seguiu o camiño de terra e pedras. Uns minutos despois, atopou un cartel a man dereita que indicaba onde estaba a fonte. Baixou a escalinata de pedra e bebeu directamente do cano. Estaba xeada. Decidiu sentarse alí, na escaleira de pedra , debaixo dos pinos altivos e  eucaliptos intrusos deixando que a Fraga a acollera no seu abrazo verde. Non sabía canto tempo estivera alí, chorando, ata que uns nenos que viñeron a beber a sacaron do seu abrazo. Enxugou as bagoas e ergueuse. O carballo centenario estaba seguindo un pequeno regato  .Achegouse a el e  admirou a súa beleza verde e maxestosa. Sorriu ó recordar que ,a ultima vez que estivera alí, ca súa avoa, intentou abrazalo.  A pesar de que esta vez tiña trinta anos mais ca ultima vez, e o seu corpo e brazos eran mais grandes,  non o rodeaban completamente. O abrazalo, topou unha marca na súa man dereita. Achegouse e viu escritos dous nomes enmarcados por un corazón e debaixo, sempre.

E de súpeto, entendeuno todo.

 

 

06/12/2014

DESFIUZAMENTO( II)


Xeo nos labios despois da batalla
Pola terra.
 Barbarie .
Por dous ferrados.
(Cabezas e mans manchan o chan de azulexo)
Os ollos quedos na mesa azul.
Os animais procuran o seu
Na selva urbana.
Penduradas  do teito os cables de crédito
Na herba os berros
Adivíñanse os corpos na néboa
( Intemperie)


28/11/2014

EDITH SÖDERGAN

EU

Eu son extranxeira neste pais, 
moi lonxe no fondo baixo o peso do 
mar
penetra o sol en espirais
e o aire corre entre as miñas mans. 
Díxoseme que nacín en cautiverio
non hai un so rostro aquí que eu 
conoza.
Era unha pedra chimpada o fondo da
auga?
Era un froito excesivamente pesado
para a sua rama?
Soy que asexa o pe do árbore onde
sopla o vento, 
Como vou trepar en esto troncos tan
esvaradizos?
Ala arriba atópanse as cumes 
vacilantes
ala quero ficar e procurar ca mirada
o fume das chimeneas da miña patria

26/11/2014

KONSTANTINO KAVAFIS

UNHA NOITE

A habitación era barata e miserenta
agochada nos altos dunha taberna
 equívoca. 
Dende a fiestra víase a rúa sucia 
e estreita.
Dende abaixo chegaban as voces dos
obreiros
xogando as cartas e trouleando.
E,  alí na usada e ordinaria cama, 
tiven o corpo do amor. 
Embriagueime cos vermellos e voluptuosos
beizos. 
E agora, cando o escribo despois de 
tantos anos, 
solo na casa, embriaganme outra vez.

23/11/2014

DESFIUZAMENTO


O silencio nas paredes.

Despois dos berros.

As mans baleiras.

(de esperanza)

E os ollos ateigados

(de dor)

Os corpos pendurados .

(Na nada)

Non hai abrazo

(que acougue )

A aqueles membros

(Rotos)

Á intemperie


20/10/2014

A XOVE DA PERLA

Os teus ollos tristes de escrava  fítanme,  deixando unha pregunta  no aire: ¿ que queres de min?  A tu boca semella  pedir clemencia,  ou quizais tan so reflexa  unha esperanza esquecida.  Nas túas meixelas florecen as rosas recen colleitas do xardín do edén. Elas enmarcan o ovalo perfecto do teu rostro branco  de neve.Un pano  agocha o teu cabelo, rebelde, unha crecha dourada sae da túa tempa. Os pendentes de prata, brillan nas   orellas pequenas.

Eu non  respondín a túa pregunta Tan so admirei a túa beleza, escrava azul. Unha  beleza antiga como a dunha deusa grega.


12/10/2014

O REINO DO SOL


Agora estou traballando nun conto: Ariadna, a princeisa guerreira. Un fragmento:


Dous dias despois de que  Ariadna viñera o mundo , continuou a ancián, o Rei e a Raíña camiñaron ata  o lago de Augasverdes para encargar a alma de princesa, mais esa mañá amencera chuviosa e ameazaba treboada.

-Tanto ten- díxolle  o Rei á rRiña ante a súa cara de preocupación-  a rapaza sairá forte e san , non como outras princesas que son febles como paxaros.

A raíña asentiu e os dous mollaron o corpo branco  da nena naquelas augas verdes.  A princesa Ariadna, que durmía placidamente, espertou é a raíña pareceulle que os seus ollos negros convertíanse durante un intre en tizóns vermellos como o lume.

Ariadna  creceu   forte e san tal como dixera o rei, pero a medida que crecía, o Rei e a Raíña e  comprobaron que a súa natureza impulsiva predominaba. Os nove meses xa gabeaba polos corredores do palacio cunha rapidez que sorprendia as suas doncelas e ó ano xa camiñaba con pasos firmes toleando a xente do palacio, pois escapabase das súas mans e agobachase nos sitios mais  inverosímiles. Era curiosa e inqueda, tal como pronosticara o Rei