06/12/2014
28/11/2014
EDITH SÖDERGAN
EU
Eu son extranxeira neste pais,moi lonxe no fondo baixo o peso do
mar
penetra o sol en espirais
e o aire corre entre as miñas mans.
Díxoseme que nacín en cautiverio
non hai un so rostro aquí que eu conoza.
Era unha pedra chimpada o fondo da
auga?
Era un froito excesivamente pesado
para a sua rama?
Soy que asexa o pe do árbore onde
sopla o vento,
Como vou trepar en esto troncos tan
esvaradizos?
Ala arriba atópanse as cumes
vacilantes
ala quero ficar e procurar ca mirada
o fume das chimeneas da miña patria
26/11/2014
KONSTANTINO KAVAFIS
UNHA NOITE
A habitación era barata e miserenta
agochada nos altos dunha taberna
equívoca.
Dende a fiestra víase a rúa sucia
e estreita.
Dende abaixo chegaban as voces dos
obreiros
xogando as cartas e trouleando.
E, alí na usada e ordinaria cama,
tiven o corpo do amor.
Embriagueime cos vermellos e voluptuosos
beizos.
E agora, cando o escribo despois de
tantos anos,
23/11/2014
20/10/2014
A XOVE DA PERLA
Os teus
ollos tristes de escrava fítanme, deixando unha pregunta no aire: ¿ que queres de min? A tu boca semella pedir clemencia, ou quizais tan so reflexa unha esperanza esquecida. Nas túas meixelas florecen as rosas recen
colleitas do xardín do edén. Elas enmarcan o ovalo perfecto do teu rostro
branco de neve.Un pano agocha o teu cabelo, rebelde, unha crecha
dourada sae da túa tempa. Os pendentes de prata, brillan nas orellas pequenas.
Eu
non respondín a túa pregunta Tan so
admirei a túa beleza, escrava azul. Unha
beleza antiga como a dunha deusa grega.
12/10/2014
O REINO DO SOL
Agora estou traballando nun conto: Ariadna, a princeisa guerreira. Un fragmento:
Dous dias despois de
que Ariadna viñera o mundo , continuou a
ancián, o Rei
e a Raíña camiñaron ata o lago de Augasverdes
para encargar a alma de princesa, mais esa mañá amencera chuviosa e ameazaba treboada.
-Tanto ten- díxolle o Rei á rRiña ante a súa cara de
preocupación- a rapaza sairá forte e san
, non como outras princesas que son febles como paxaros.
A raíña asentiu e os
dous mollaron o corpo branco da nena naquelas
augas verdes. A princesa Ariadna, que durmía
placidamente, espertou é a raíña pareceulle que os seus ollos negros convertíanse
durante un intre en tizóns vermellos como o lume.
Ariadna creceu forte e san tal como dixera o rei, pero a
medida que crecía, o Rei e a Raíña e
comprobaron que a súa natureza impulsiva predominaba. Os nove meses xa
gabeaba polos corredores do palacio cunha rapidez que sorprendia as suas
doncelas e ó ano xa camiñaba con pasos firmes toleando a xente do palacio, pois
escapabase das súas mans e agobachase nos sitios mais inverosímiles. Era curiosa e inqueda, tal
como pronosticara o Rei
05/10/2014
CLEOPATRA
A Historia
lembrase da túa beleza
Aquela que che
fora negada.
Mais era o
imperio sobre os teus ombreiros
o que ansiaban os
grandes homes.
O imperio construído
sobre o Nilo.
Co teu esplendor
en cada gramo da túa pel
Reinaches ca
cabeza sobre os ombreiros
Conspirando en
cada curro do palacio
Por aquilo que te
pertencía
Roma reclamábate
Mas ti te
negaches a subsmision
Xamais axeonllada
Ata que apareceu
El
el cos ollos
negros e
o corpo metálico
ca espada nos
brazos musculados
e co seu torso
nú.
fixo caer a coroa
da túas tempas
Cunha soa ollada
Fuches súa
Derrubando o
imperio ante todos os homes
Subscrever:
Comentários (Atom)





