18/08/2014

ROUBA VERSOS (I)

 

"Tengo toda la noche en la mano"

Paul Elard

 

"Nuestra pena es tan vieja"

 Gabriel Celaya

 

" Ese mugido triste del mar"

 

" Soy un dolor antiguo como el mundo que aun dura"

Blas de Otero

 

"...alma alargada por el uso"

Luisa Castro

 

" El jardín crece como las palabras de un libro

 

yo solo quiero oscuridad y humo.

 

Yo he venido a decir que te he olvidado

 

que volveré a olvidarte cada día

 

cada uno de los días de mi vida..."

 

Benjamin Prado

 

 

"...desear es llevar el destino del mar dentro del cuerpo"

Aurora Luque

 

 

" Esa mujer se me instaló en el costado izquierdo"

 

" Escribo versos previamente llorados por la ciudad donde nací"

 Juan Gelman

 

 

 



15/08/2014

MYLEY CYRUS


Creciches na luz cegadora dos focos.

 Pechada a nena nunha gaiola.

Cando te ollaches no espello

 so atopaches un corpo furado

polas poutas dos managers.

Os ollos mortos .

A boca vermella .

O sangue correndo polas coxas.

Arrebatada a tua virxinidade.

 Esnaquizada a tua inocencia

aos sete anos polos dólares

Aquel espello berrábate:

Rubia, azul, vermella

A nena montada fuxira

E ti a buscabas no alcohol e nas pastillas .

 Tentado construír un novo corpo de boneca rota.

 Cos anacos perdidos

22/07/2014

ELEXIA


Fuches bendicida pola man da deusa Mictecacihualt

Polo seu destino de morte, sangue e dor

No berce a enfermidade  gris bautizoute

E fixeches o ritual de transición

Cando te atravesaron os ferros

Pero ti sobreviviches a pesares das frechas

Daquel  cazador

Que abateu o teu lombo

E sentiches o amor corrupto nas túa carne

Furándoche as entrañas

El

Ti

A deusa

Abrasáronte por dentro

E a deusa tivo o seu sacrificio


14/07/2014

E A PALABRA FIXOSE MUSICA




Naquel tempo e naquel lugar, a música e a  palabra camiñaban  xuntas. En salvaxe compaña. As dúas fitábanse. Apalpábanse. Acarariñábanse. Tremían. Eran unha. Pero, un día, a palabra quixo camiñar soa. Coñecer novos mundos. Coñecer novas historias...Partiu. A música sentiuse baleira. A palabra atopou sons espallados e  os apañába.Non era o mesmo. A música aprendeu a non sentirse soa. Acariñabase. Apalpábase. Tremía. Non era o mesmo. Pero a palabra escoitouse.  A música escoitouse. E a música fixose palabra. E a palabra fixose música.

07/07/2014

LIBRO DE ALICIA: OLALLA COCIÑA

Neste poemario, gañador do VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, atopei este poema.

Non hai palabras

( Espero que a autora me perdoe a traducción)

En cada asexarnos e sempre a ultima hora

Sobreponse a agre sensación de que fora mellor

Non terse coñecido

Non reparar en certo brillar de unllas

Nin no angulo dese chapeu que che acae perfecto

 A min non me ensinaron nunca que quen cruza esta frontera

Regresa para sempre con nome de exiliada

E renega dos fluidos que un dia

Habitaron os corpos

Daquela, moi calada

Voume desprendendo desta historia

Sen saber con certeza

Porque fun eu a condenada ao cadafalso
 
 
 
 
 
 
 
 
En cada acecharnos y siempre a ultima hora
Se sobrepone la agria sensación de que fuera mejor
No haberse  conocido
No reparar en cierto brillar de uñas
Ni en el  ángulo de ese sombrero que te  queda perfecto
 A mi no me enseñaron nunca que quien cruza esta frontera
Regresa para siempre con nombre de exiliada
Y reniega de los fluidos que un día
Habitaron los cuerpos
Entonces , muy callada
Me voy desprendiendo de esta historia
Sin saber con certeza
Porque fui  condenada al patíbulo

31/05/2014

LIBERDADE: MICRORRELATO


O home díxolle un nome a cambio da cela trinta e catro.  Sabía que aqueles homes aínda tardarían un mes en descubrir que o nome era falso. Durante trinta días, quizais seguirían as malleiras, as torturas, as humillacións…
Tanto lle tiña- pensou- por fina naquela cela. Dende a fiestra, uliría os amenceres. Uliría os raios de sol. Os aterdeceres. As  estrelas. E quizais, despois de trinta días, sentiría a liberdade na súa alma tralas paredes de pedra.

14/05/2014

INFANCIA


INFANCIA

Os cativos deixaran un regueiro de delicia

Nas pólas das árbores.

Os seus berros penduraran nas follas.

As súas mans  de luz acougaran nas copas.

Os dentes brancos de chocolate

Trabaran as raíces

Deixando as pegadas dun corazón branco.

 


 

Los niños dejaran una camino de alegría

en las ramas de los arboles.

Sus gritos colgaban de las hojas.

Sus manos de luz descansaran en las copas

Sus dientes blancos  de chocolate

apresaron  las raíces

Dejando las huellas de un corazón branco.