20/10/2014

A XOVE DA PERLA

Os teus ollos tristes de escrava  fítanme,  deixando unha pregunta  no aire: ¿ que queres de min?  A tu boca semella  pedir clemencia,  ou quizais tan so reflexa  unha esperanza esquecida.  Nas túas meixelas florecen as rosas recen colleitas do xardín do edén. Elas enmarcan o ovalo perfecto do teu rostro branco  de neve.Un pano  agocha o teu cabelo, rebelde, unha crecha dourada sae da túa tempa. Os pendentes de prata, brillan nas   orellas pequenas.

Eu non  respondín a túa pregunta Tan so admirei a túa beleza, escrava azul. Unha  beleza antiga como a dunha deusa grega.


12/10/2014

O REINO DO SOL


Agora estou traballando nun conto: Ariadna, a princeisa guerreira. Un fragmento:


Dous dias despois de que  Ariadna viñera o mundo , continuou a ancián, o Rei e a Raíña camiñaron ata  o lago de Augasverdes para encargar a alma de princesa, mais esa mañá amencera chuviosa e ameazaba treboada.

-Tanto ten- díxolle  o Rei á rRiña ante a súa cara de preocupación-  a rapaza sairá forte e san , non como outras princesas que son febles como paxaros.

A raíña asentiu e os dous mollaron o corpo branco  da nena naquelas augas verdes.  A princesa Ariadna, que durmía placidamente, espertou é a raíña pareceulle que os seus ollos negros convertíanse durante un intre en tizóns vermellos como o lume.

Ariadna  creceu   forte e san tal como dixera o rei, pero a medida que crecía, o Rei e a Raíña e  comprobaron que a súa natureza impulsiva predominaba. Os nove meses xa gabeaba polos corredores do palacio cunha rapidez que sorprendia as suas doncelas e ó ano xa camiñaba con pasos firmes toleando a xente do palacio, pois escapabase das súas mans e agobachase nos sitios mais  inverosímiles. Era curiosa e inqueda, tal como pronosticara o Rei

05/10/2014

CLEOPATRA

A Historia lembrase da túa beleza
Aquela que che fora negada.
Mais era o imperio sobre os teus ombreiros
o que ansiaban os grandes homes.
O imperio construído sobre o Nilo.
Co teu esplendor en cada gramo da túa pel
Reinaches ca cabeza sobre os ombreiros
Conspirando en cada curro do palacio
Por aquilo que te pertencía
Roma reclamábate
Mas ti te negaches a subsmision
Xamais axeonllada
Ata que apareceu El
el cos ollos negros e
 o corpo metálico
ca espada nos brazos musculados
e co seu torso nú.
fixo caer a coroa da túas tempas
Cunha soa  ollada
Fuches súa
Derrubando o imperio ante todos os homes

01/10/2014

CLAUDIO RODRIGUEZ FER: TIGRES DE TERNURA

Pequeña xoia que merquei


QUINTANA

A pedra

       que te alberga

virase

      en oráculo

e a mica

        o cuarzo

               o fedelpasto

liberan o granito
     
                     incontible orgasmo

mineral como o estoupido do átomo